O Concello de Pontevedra transformará o estacionamento da rúa Uxío Novoneira, en aparcamentos de servizos, logo da petición que lle trasladaron este martes os comerciantes da zona aos concelleiros Carme da Silva e Demetrio Gómez, na reunión que mantiveron na mesma rúa.
Na rúa tamén se reservará durante as obras un espazo para o hotel Virgen del Camino e se está a estudar a posibilidade de instalar algunha praza para estacionamento de persoas con discapacidade.
A estes estacionamentos súmanse os do último tramo da rúa Eduardo Pondal, -en dirección ao centro da cidade, a man esquerda- que tamén se transformarán en aparcamentos de servizos, unha vez que rematen as obras.
Tanto Uxío Novoneira como Eduardo Pondal son rúas con moitos negocios comerciais que, segundo sinalou o goberno local, se beneficiarán das transformación das prazas de estacionamento libre en aparcamento de servizos, seguindo a liña doutros puntos da cidade.