O Consello do Porto aproba o cambio da concesión administrativa de Factoría Naval a favor de Nodosa

Pontevedra
18 de decembro 2014

A venda da unidade produtiva de Factoría Naval a favor de Nodosa nesta fase do procedemento concursal permite continuar a actividade empresarial, asegurar o mantenimento dos postos de traballo e evitar a destrución de tecido empresarial

Reunión do Consello de Administración da Autoridade Portuaria

O Consello de Administración do Porto de Marín celebrado este xoves aprobou autorizar a transmisión da concesión administrativa outorgada a Factoría Naval de Marín S.A para a construción e reparación de buques a favor de Nodosa S.L., condicionada á resolución que se dite polo Xulgado do Mercantil e ao cumprimento dos requisitos establecidos na normativa portuaria.

A solicitude realizouna a sociedade KPMG Concursal, designada como administrador concursal do estaleiro FNM.

A venda da unidade produtiva de Factoría Naval a favor de Nodosa nesta fase do procedemento concursal permite continuar a actividade empresarial, asegurar o mantenimento dos postos de traballo e evitar a destrución de tecido empresarial.

ACORDO CON SASEMAR

O Consello acordou subscribir un contrato entre a Autoridade Portuaria e a Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima (SASEMAR) para a prestación do servizo xeral de ordenación, coordinación e control do tráfico marítimo así como a realización de labores de coordinación e actuación en emerxencia por contaminación mariñar accidental no Porto de Marín.

SASEMAR é unha entidade pública empresarial adscrita ao Ministerio de Fomento coa consideración de empresa asociada ás autoridades portuarias. Para a realización dalgunhas funcións encomendadas pola nova Lei de Navegación Marítima, o Organismo Público Portos do Estado e a Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima subscribiron un acordo marco de colaboración no que se fixan as condicións baixo as que esta entidade e as autoridades portuarias deben subscribir o correspondente contrato de servizos.