O consumo enerxético do alumeado do polígono de Sequeiros será un 75% máis barato

Barro
23 de outubro 2017

Co obxectivo de conquerir un aforro importante no consumo de enerxía eléctrica, o Concello de Barro elaborou o proxecto de mellora de eficiencia enerxética na iluminación pública do parque empresarial de Sequeiros, cun orzamento de 20.228,63 euros

Polígono de Sequeiros Concello de Barro

Co obxectivo de conquerir un aforro importante no consumo de enerxía eléctrica, o Concello de Barro elaborou o proxecto de mellora de eficiencia enerxética na iluminación pública do parque empresarial de Sequeiros, cun orzamento de 20.228,63 euros.

Este proxecto conta cunha subvención do 80% do seu custo da Consellería de Economía, Emprego e Industria, por importe de 15.998,46 euros, dentro da liña de axudas para a habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais.

A actuación foi executada pola empresa Elecnor S.A. e consistiu na substitución das luminarias existentes nos 46 puntos de luz do polígono por unhas novas con tecnoloxía LED, coa que se vai conseguir un aforro aproximado dun 75% no consumo de enerxía eléctrica e, ao mesmo tempo, nas facturas a pagar polo Concello.