O coronel Miguel Constantino Cortés Calvo toma posesión como delegado de Defensa en Pontevedra

Pontevedra
18 de decembro 2020

Desde 2018 exercía as súas responsabilidades na Base General Morillo como xefe da Unidade de Servizos

Toma de posesión do novo subdelegado de Defensa en Pontevedra, o coronel Cortés Calvo
Toma de posesión do novo subdelegado de Defensa en Pontevedra, o coronel Cortés Calvo / Subdelegación de Defensa

O coronel Miguel Constantino Cortés Calvo é desde este venres 18, o novo subdelegado de Defensa en Pontevedra, unha vez que tomaba posesión das súas novas responsabilidades militares. O acto estivo presidido polo subdirector xeral de Administración Periférica, o coronel Jesús Ángel García Lidón e contou a presenza de autoridades civís e militares da provincia.

Cortés Calvo exercía as súas últimas responsabilidades na Base General Morillo como xefe da Unidade de Servizos. É natural de Madrid e ten 54 anos. Ingresou na Academia Xeral Militar en 1984, recibiu o Real Despacho de Tenente de Artillería en 1989 e pertence á XLIV Promoción da Academia Xeral Militar.

Durante a súa traxectoria militar estivo destinado entre 1989 e 1991 no Grupo de Artillería da Brigada de Infantería Lixeira Aerotransportable; entre 1991 e 1992 no Rexemento de Artillería de Campaña número 11; entre 1992 e 2000 no Centro Xeográfico do Exército; entre 2000 e 2002 no Rexemento de Infantería “Inmemorial do Rey”; de 2002 ao 2005 no Centro Xeográfico do Exército; posteriormente e ata 2013 no Cuartel Xeral OTAN de Madrid; entre 2013 e 2018 no Centro de Intelixencia das FAS e en 2018 regresaba de novo á base militar pontevedresa.

Na súa formación académica civil é Máster Universitario en Enxeñería Geodésica e Cartografía e Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais. Tomou parte en diversas misións internacionais con destinos como a Antártida, Afganistán ou Bosnia- Herzegovina. Tamén conta con medallas e recompensas como a Placa, Encomenda e Cruz da Real e Militar Orde de San Hermenegildo; tres Cruces ao Mérito Militar con Distintivo Blanco; e dúas Medallas OTAN.