O delegado do Goberno apoia con su presencia a Festa do Marisco do Grove

O Salnés
13 de outubro 2018

Acompañado por Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSOE de Galicia; a presidenta da Deputación Carmela Silva; a subdelegada Maica Larriba; o alcalde José Antonio Cacabelos e outros representantes socialistas percorreu a vila para degustar produtos do mar na carpa

O delegado do Goberno, Javier Losada, entre Gonzalo Caballero e o alcalde do Grove, José Antonio Cacabelos
O delegado do Goberno, Javier Losada, entre Gonzalo Caballero e o alcalde do Grove, José Antonio Cacabelos / Delegación del Gobierno

Diferentes responsables políticos do Partido Socialista de Galicia dábanse cita este sábado 13 no municipio do Grove para visitar a Festa do Marisco, que finaliza este domingo 14.

Entre eles atopábase o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, que acudiu acompañado pola subdelegada en Pontevedra, Maica Larriba. Tamén asistiron o secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero; a presidenta da Deputación Provincial, Carmela Silva, e o alcalde do Grove, José Antonio Cacabelos, ademais do alcalde de Vilagarcía de Arousa, entre outros representantes socialistas.

Durante a visita ao evento gastronómico cualificado de Interese Turístico Nacional, Javier Losada destacaba a importancia desta actividade como reclamo para o turismo en Galicia e encomiou a repercusión nacional desta festa, garantindo o apoio do Goberno estatal a este evento.

Durante a noite do venres entregábanse as 'Centolas de Ouro' desta edición. Nesta ocasión foron distinguidos a Asociación Amigos da Dorna Meca; a xornalista da TVG, Cristina García; o investigador Joaquín Ángel Triñanes, experto en Electrónica e Computación e o Hotel Bosquemar. Ao acto asistiu a directora xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro.