A súa conclusión non está prevista ata setembro de 2015, pero as obras de desdobramento da Avenida de Vigo avanzan "a un ritmo espectacular", segundo asegurou o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, nunha visita aos traballos.
Acompañado dos concelleiros Luís Bará, Carmen Fouces e Pilar Comesaña, o rexidor capitalino cualifica o proxecto da "obra máis importante do mandato" polo seu orzamento, que supera os 3.700.000 euros e que asdenderá a máis de catro millóns coas melloras previstas en zonas aledañas.
Desta forma trabállase xa na construción de tres novos carrís de circulación, dous de entrada na cidade e un de saída, con beirarrúas e unha prolongación do Paseo dos Gafos ata o nó do Pino.
Ademais as actuacións afectarán tamén á Rúa da Estación ou á propia Avenida de Vigo, que verá ampliadas as súas beirarrúas e pasará a ter un único carril de circulación rodada significando "unha mellora da calidade urbana de esta zona e de accesibilidade", recoñeceu Fernández Lores.
O desdobramento da Avenida de Vigo está incluído dentro do convenio asinado co Ministerio de Fomento, que contemplaba tamén a mellora do nó do Pino e tamén da Nacional-550 ata Vilaboa ou a estrada que une Santa Margarida e Ponte Bora.