O desemprego tamén baixa no municipio de Pontevedra

Pontevedra
04 de marzo 2014

Por primeira vez dende o inicio da crise descende o paro no municipio de Pontevedra en febreiro, tal e como se desprende dos datos publicados este martes polo Ministerio de Emprego. Contra todo pronóstico, o paro baixou en 37 persoas. En concreto son 8.872 as persoas sen emprego rexistradas no Servizo Galego de Colocación

Por primeira vez dende o inicio da crise descende o paro no municipio de Pontevedra en febreiro, tal e como se desprende dos datos publicados este martes polo Ministerio de Emprego.

Contra todo pronóstico, o paro baixou en 37 persoas. En concreto son 8.872 as persoas sen emprego rexistradas no Servizo Galego de Colocación. Eran 8.909 o pasado mes de xaneiro. ÿ dicir, a caída do desemprego foi dun 0,42%.

Por sectores, o único descenso rexistrouse nos servizos con 60 desempregados menos (5.734 en total). Polo contrario o paro subiu en dez persoas na construción (1.365), oito na industria (872) e cinco no colectivo sen emprego anterior (713), mentres que permaneceu invariable na agricultura (188).

A diferenza respecto a hai un ano é rechamante, 506 persoas encontraron traballo respecto a febreiro do 2013, e destes contratados, 292 son mulleres.

Fronte ao optimismo co que recibiu o Goberno os últimos datos dos Servizos Públicos de Emprego, a nivel local os prinicipais sindicatos alertaron que a maioría dos contratos son de carácter temporal. Ademais apuntan que os contratos a tempo parcial aumentan ao dobre de velocidade que os de xornada completa.

Arquivado en