O Día de Colón premiará a decoración dos locais de Combarro

Poio
12 de setembro 2018

O concurso valorará a decoración do local, o menú que ofrezan e o vestiario que leve o persoal que atende ao público. As votacións realizaranas os propios participantes, segundo avanzan os organizadores do Día de Colón, que confían nunha maior implicación por parte do sector hostaleiro

Día de Colón 2017, en Combarro
Día de Colón 2017, en Combarro / Diego Torrado

A organización do Día de Colón segue debullando novidades para a inminente celebración da novena edición desta festa, que se celebrará os días 28 e 29 de setembro.

Nesta ocasión, buscan un maior compromiso dos hostaleiros de Combarro e para iso decidiron crear un concurso que premiará a mellor decoración.

O concurso valorará a decoración do local, o menú que ofrezan e o vestiario que leve o persoal que atende ao público.

As votacións realizaranas os propios participantes, segundo avanzan os organizadores do Día de Colón, que confían nunha maior implicación por parte do sector hostaleiro.