O enterro do Galo Fodorico pecha o longo Entroido de Poio

Poio
19 de marzo 2018

Seis semanas despois, Poio dixo adeus ao seu Entroido. Fíxoo co enterro do Galo Federico, que se celebrou este domingo no municipio

Enterro do Galo Fodorico en Poio
Enterro do Galo Fodorico en Poio / Diego Torrado

Seis semanas despois, Poio dixo adeus ao seu Entroido. Fíxoo co enterro do Galo Federico, que se celebrou este domingo no municipio.

A comitiva fúnebre partiu da Praza do Mosteiro ás seis da tarde e, tras a súa chegada á Praza de Arís, o mítico personaxe -que este ano ía vestido de axente forestal- foi incinerado.

No desfile participaron as comparsas locais Os Canecos, Os 100 tolos e o grupo de Samieira, así como outras agrupacións como Flores de Entroido e Alegría, chegadas desde Pontevedra.

A festa concluíu cunha nova edición da Festa do Choqueiro e cunha verbena amenizada polo trío Acibeche.