Cada vez falta menos para o entroido e en Vilaboa, onde gozan dunha das citas de maior tradición da comarca, empezan xa a celelebrarlo.
Diversos puntos do municipio contaxiáronse do ritmo e colorido do tradicional Entroido de Cobres, nun roteiro de presentación que pasou por Santa Marta, Figueirido e Postemirón ao longo da mañá deste domingo e xa pola tarde por As Salinas.
Madamas e Galáns escenificaron as súas danzas por todo o percorrido como avance á programación que levará a cabo do 10 ao 13 de febreiro polas aldeas acompañados de agrupacións musicais.
Participaron na xornada ao redor de 70 persoas, entre parellas de bailes de nenos e adultos xunto aos músicos, dando unha mostra dunha das tradicións máis arraigadas en Vilaboa.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.