O entroido regresa á Lama pola porta grande

A Lama
05 de marzo 2017

A Lama retomou con éxito a celebración do seu desfile de entroido. Unhas mil persoas, segundo os datos facilitados polo goberno municipal, participaron -tanto dentro como fóra da comitiva- dun evento que fixo as delicias de todos os públicos

Desfile do entroido 2017 na Lama
Desfile do entroido 2017 na Lama / Concello de A Lama

A Lama retomou con éxito a celebración do seu desfile de entroido. Unhas mil persoas, segundo os datos facilitados polo goberno municipal, participaron -tanto dentro como fóra da comitiva- dun evento que fixo as delicias de todos os públicos.

A pesar do frío reinante, a choiva non fixo acto de presenza durante o desfile. Así, os grupos, comparsas, parellas e persoas que a título individual participaron nel percorreron sen incidencias o percorrido previsto, duns dous quilómetros, desde o pavillón municipal ata a Alameda da Lama.

En total, repartíronse 3.415 euros en premios.

COMPARSAS

1.- Os da Caña (500 euros)
2.- Amoriños de Bora (300 euros)
3.- Os Solfamidas (200 euros)

GRUPOS VISITANTE

1.- A semente de Salcedo (200 euros)
2.- As marchosas de Arcade (150 euros)
3.- Os Amigos dos Rapaces de Marín (100 euros)

GRUPOS LOCAL

1.- Cowboys da Lama (200 euros)
2.- ANPA Cal do Vergazo (150 euros)
3.- Os Beatles e anos 60 (100 euros)

PARELLAS/INDIVIDUAIS

1.- Doña Cuchara y Don Tenedor (75 euros)
2.- Laranxa e limón (50 euros)
3.- Tormenta (30 euros)

Ademais, celebrouse tamén un concurso de filloas e de orellas, doces típicos de entroido.

FILLOAS

1.- Ana Vidal García (75 euros)
2.- Francisco Boullosa Cerviño (50 euros)
3.- Mariluz Pérez (30 euros)

ORELLAS

1.- Saidou e Miguel Doallo Alonso (75 euros)
2.- Carlos Abilleira Outón (50 euros)
3.- Otilia Fortes Sieiro (30 euros)

A festa terminou cun baile de entroido que estivo amenizado pola orquestra Xacobeo.