O equipo de violencia de xénero da Policía Local controla 46 vítimas nun ano

Pontevedra
19 de maio 2013

Os axentes municipais detiveron en 2012 oito persoas, seis presuntos autores dun delito de maltrato e dúas que supostamente quebrantaran unha orde de afastamento. A unidade especilizada emitiu dous informes para o xulgado de valoración de risco de vítimas e realizou tres comunicacións ás autoridades por incidencias no control dunha orde de protección

A Policía Local de Pontevedra mantén un equipo con dedicación exclusiva á protección das vítimas de violencia doméstica e de xénero no marco dun protocolo de colaboración e coordinación coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Durante o ano 2012, esa unidade especializada fixo seguemento e control de 46 vítimas, coas que mantivo 346 contactos ao longo deste período.

Das 46 vítimas controladas, 33 requerían protección por casos de violencia de xénero, oito por violencia doméstica e sete por outros delitos. En 18 delas tiñase estipulado un risco medio e en oito un risco baixo.

No marco dos delitos vinculados coa violencia de xénero, a Policía Local realizou en 2012 un total de oito detencións, seis delas contra presuntos autores dun delito de maltrato e dúas contra persoas que quebrantaran unha orde de afastamento que lles impedía achegarse ás súas vítimas.

A unidade especializada tamén emitiu dous informes para o xulgado de valoración de risco de vítimas de violencia de xénero e realizou tres comunicacións ás autoridades competentes de que se producira algunha incidencia no control dunha orde de afastamento.