O Concello de Pontevedra abriu nestes días o estacionamento en superficie e de balde habilitado na zona leste da cidade. Está funcionando a pleno rendemento.
Pendente dalgúns traballos complementarios nos arredores para a recollida de augas pluviais e o valado, xa están rematados os accesos dende a rúa Losada Diéguez (pola parte baixo do colexio Sagrado Corazón).
A superficie que agora ocupa este estacionamento é a parcela na que estaba prevista a construcción do instituto Carlos Oroza. Ten unha superficie duns 3.000 metros cadrados.
ESTACIONAMENTO DE PASARÿN
Os servizos municipais procederán nos vindeiros días ao arranxo da parcela do estacionamento disuasorio de Pasarón moi deteriorada polas choivas das últimas semanas.
Segundo informaron fontes municipais, entre outras actuacións, arranxarase a canalización das augas pluviais sita na entrada do recinto xa que a tubaxe embalsa moita auga.