A Subdelegación do Goberno en Galicia informou este xoves da resolución do Ministerio de Política Territorial que concede 2.908 euros aos concellos de Ponte Caldelas e Portas polos danos vinculados aos temporais.
Con esta resolución pola que se aproba a convocatoria das subvencións, a Secretaría Xeral de Coordinación Territorial dá cumprimento ao Real Decreto 778/2020 polo que se declaraban de aplicación a diversas situacións catastróficas que tiveron lugar entre abril de 2019 e marzo de 2020.
En concreto, en Pontevedra houbo danos en infraestruturas municipais e redes viarias pola borrasca Cecilia de novembro de 2019 e polas borrascas Daniel, Elsa e Fabien do mes de decembro de 2019.
Na provincia son catro concellos que presentaron a petición de axudas ao amparo deste decreto de subvencións extraordinarias son Valga, Arbo e Ponte Caldelas que recibe 955,90 euros e o Concello de Portas 1.952,94 euros.
A subdelagada do Goberno, Maica Larriba destacou que "este tipo de axudas son un exemplo claro da aposta da Administración central por apoiar o municipalismo, que ten en conta, ademais, aquelas situacións extraordinarias e catastróficas que poden afectar aos seus servizos, infraestruturas municipais ou redes viarias, e por tanto a todos os veciños e veciñas".