O ex alcalde do Grove Bea Gondar, condenado a pagar 16.000 euros polo secuestro de Fariña

O Salnés
08 de xuño 2020

Libros del K.O. considera a resolución "una cuestión de justicia" e Nacho Carretero, "una gran noticia de algo que nunca tuvo que haber sucedido" e engade que é unha mensaxe de xustiza para "aquellos que pretenden hacer dinero a costa del esfuerzo y trabajo de los periodistas" 

Nacho Carretero, na presentación de "Fariña" na Libraría Paz
Nacho Carretero, na presentación de "Fariña" na Libraría Paz

O ex alcalde do Grove José Alfredo Bea Gondar deberá pagar unha indemnización de 16.000 euros ao xornalista Nacho Carretero e aos editorial Libros del K.O. pola demanda presentada contra a publicación que derivou no secuestro cautelar do libro Fariña

A propia editorial e o xornalista deron a coñecer a sentenza da Audiencia Provincial de Madrid a través de publicacións en Twitter. Libros del K.O. considera a resolución "una cuestión de justicia" mentres que Nacho Carretero cualifícao como "una gran noticia de algo que nunca tuvo que haber sucedido".

Ademais, Carretero cre que é unha mensaxe de xustiza para "aquellos que pretenden hacer dinero a costa del esfuerzo y trabajo de los periodistas".

Segundo a información publicada por eldiario.es, Bea Gondar está condenado a pagar 3.437,96 euros de indemnización a Nacho Carretero e 13.042,21 a Libros del K.O.

Esta sentenza é resultado dunha solicitude de liquidación de danos e prexuízos presentada pola editorial e que en primeira instancia, en novembro de 2019, foi desestimada. Agora estimouse nunha resolución que xa é firme e que recoñece os danos ocasionados polo secuestro cautelar da publicación, que durou 121 días, do 12 de febreiro ao 13 de xuño ao 13 de xuño de 2018.

A indemnización recoñece as perdas ao autor e á editorial calculando o diñeiro que gañarían vendendo exemplares do libro durante eses 121 días de secuestro.

Esta é xa a segunda vitoria xudicial de Carretero e Libros del K.O. en relación con este asunto, pois a demanda por vulneración do dereito á honra presentada por Bea Gondar foi desestimada en setembro de 2019 tamén pola Audiencia Provincial de Madrid.  

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora