O ex director da Escola Naval toma o mando da operación europea fronte á piratería no Índico

Marín
22 de abril 2021

O ex director da Escola Naval Militar de Marín e agora vicealmirante Jose María Núñez Torrente foi nomeado comandante da operación Atalanta, a misión da Unión Europea de loita contra a piratería no océano Índico, asumindo o mando desde este mesmo mércores

Pregón de Núñez Torrente, comandante director da Escola Naval, nas Festas do Carme
Pregón de Núñez Torrente, comandante director da Escola Naval, nas Festas do Carme

O ex director da Escola Naval Militar de Marín e agora vicealmirante Jose María Núñez Torrente foi nomeado comandante da operación Atalanta, a misión da Unión Europea de loita contra a piratería no océano Índico, asumindo o mando desde este mesmo mércores.

A Operación Atalanta tamén ten como obxectivo protexer o envío de axuda humanitaria do Programa Mundial de Alimentos a Somalia e aos buques vulnerables que transiten na zona de operacións e foi prorrogada polo Consello da Unión Europea ata decembro de 2022.

Desde o pasado mes de febreiro Núñez Torrente é o comandante do Cuartel Xeral Marítimo de Alta Dispoñibilidade. O pasado ano serviu como xefe de operacións do compoñente marítimo da operación 'Balmis' contra o coronavirus.

Nacido en Ferrol en 1964, durante a súa traxectoria militar Núñez Torrente participou nas operacións en Afganistán e Iraq e exerceu como xefe de operacións da Aviación Naval española. No marco da OTAN foi xefe de Intelixencia da Forza Naval de Ataque e Apoio con sede en Nápoles.