O Faiponting converte á Illa das Esculturas no Parque da Familia

Pontevedra
05 de outubro 2014

Ainda por riba fixo un día soleado polo que a iniciativa volve a ser todo un éxito. Ademáis de xogos populares en familia e puntos de lectura espallados pola Illa do Cobo había tamén un mercado de arte, obradoiros de Banda deseñada ou a iniciativa "Subliñando a liña" no que cada participante pintou unha pedra para continuar a obra de Richard Long, unha das esculturas máis importante e descoñecida da Illa    

Faipointing 2014
Faipointing 2014

O Faiponting 2014 comezou ben cedo para ser domingo, ás 11.30 da mañá houbo unha visita guiada á exposición Diálogos na pintura, da man do comisario da mostra Ramón Rozas.

A esa mesma hora comezou na casiña de pedra, o primeiro pase do espectáculo de manipulación de globos, Ne me quitte pas, da compañía O Retrete de Dorian Gray.

En 20 minutos os artistas, Ezra e Marcos, contaban unha historia que xorde da nada: un gran intérprete de canción francesa, que nace ante os espectadores como por arte de flop! e entón soa unha canción, emociónase e pensa no desamor.

En fronte desenvolvíase un obradoiro de construción e voo de papaventos empregando técnicas sinxelas.

Da rotonda da Ponte dos Tirantes partiu ao mediodía un roteiro en bici pola Illa de dúas horas de duración é guiado por Iciar Ezquieta.

O alumnado da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e os ex compoñentes do Centro Coreográfico Galego puxéronlle arte a xornada, xunto cos alumnos da Escola de danza Deborah e a Orquestra Cámara Lira.

Ainda por riba fixo un día soleado polo que a iniciativa volve a ser todo un éxito

Luis Prego e a Banda Arrolán encargáronse de poñer a bailar a todas as familias que se xuntaron na Pradeira ao carón do Campus.

Ademáis de xogos populares en familia e puntos de lectura espallados pola Illa do Cobo había tamén un mercado de arte, obradoiros de Banda deseñada ou a iniciativa "Subliñando a liña" no que cada participante pintou unha pedra para continuar a obra de Richard Long, unha das esculturas máis importante e descoñecida da Illa.

Os máis marchosos seguiron movendo as cadeiras no concerto de Gold & Colt Quartet.

Entre o máis aplaudido estiveron as exhibicións e coreografías de voo acrobático ao son da música por Imagina e a ÿpera para cans con dono da man da soprano Victoria Álvarez e o barítono Miguel Abalo.

Ainda por riba fixo un día soleado polo que a iniciativa volve a ser todo un éxito.