O Festival da Ameixa obriga a realizar cortes de tráfico en Campelo

Poio
14 de setembro 2018

A rúa Pedro Soto Couselo, dende a Praza da Granxa ata o Camiño das Cachadas, estará pechado ao tráfico entre o venres e o domingo pola celebración do Festival da Ameixa. A zona peonil quedará para o desenvolvemento exclusivo do festival e da mostra gastronómica

Operativo de tráfico en Campelo polo Festival da Ameixa
Operativo de tráfico en Campelo polo Festival da Ameixa / Policía Local de Poio

A rúa Pedro Soto Couselo, dende a Praza da Granxa ata o Camiño das Cachadas, estará pechada ao tráfico entre o venres e o domingo pola celebración do Festival da Ameixa.

A zona peonil quedará para o desenvolvemento exclusivo do festival e da mostra gastronómica, segundo advirte a Policía Local de Poio.

O tráfico poderá acceder pola rúa Pedro Soto Couselo ata o parking directamente e a saída será pola rúa Foguetería.

Os vehículos que pretendan acceder pola rúa Beiramar deberán baixar pola rúa Padre Avelino que se habilita en sentido único de baixada ao porto de Campelo, onde se poderá acceder para estacionar. A saída deberán facela cara Lourido.

Ademais, queda prohibido estacionar na Praza da Granxa e na zona pechada ao tráfico a partir do venres ás 8:00 horas.