O final das obras do boulevard de Portonovo prevese antes de que dea comezo o verán

Sanxenxo
14 de abril 2024
Actualizado: 30 de setembro

Aproveitando o bo tempo, fresaron o tramo desde a rotonda do inicio da actuación ata a nova glorieta que entronca con Rúa Areal. A próxima semana acometerase o seguinte tramo ata o mercado de abastos e, continuarase avanzando na parte final das beirarrúas. 

As obras do boulevard de Portonovo afrontan os primeiros tramos de asfaltado
As obras do boulevard de Portonovo afrontan os primeiros tramos de asfaltado / Concello de Sanxenxo

As obras do boulevard de Portonovo afrontan os primeiros tramos de asfaltado. 

Aproveitando o bo tempo, fresouse o tramo desde a rotonda do inicio da actuación ata a nova glorieta que entronca con Rúa Areal. A próxima semana acometerase o seguinte tramo ata o mercado de abastos e, continuarase avanzando na parte final das beirarrúas. 

O Concello informou que, se é preciso, desviarase o tráfico, pero a circulación estará garantida. 

A obra sufriu certos atrasos sobre a previsión inicial debido á climatoloxía, pero prevese que estea lista antes de que dea comezo o verán.

Na última fase da obra inclúense a construción de dúas rotondas, unha no cruzamento da Perla, e outra na intersección entre a Rúa Vista Alegre, Travesía Areal e a Rúa Areal co obxectivo de dar unha maior fluidez ao tráfico nestes dous puntos e, á vez, mellorar a seguridade viaria na contorna.

A empresa delimitou no seu cronograma 3 zonas de actuación. A primeira, xa executada, vai desde a rotonda de inicio dos traballos ata o mercado de abastos; a segunda, desde o mercado ata o cruzamento da Perla onde está prevista a construción dunha rotonda e a terceira, desde A Perla ata a nova rotonda de Canelas.

O deseño tamén inclúe a renovación dos servizos, xa executado, coa instalación das canalizacións subterráneas para o cableado de telefonía e para a electricidade que substituirán os actuais tendidos aéreos e a renovación das redes de abastecemento, saneamento, pluviais e de iluminación pública.

O tramo final da obra incluirá a colocación das luminarias, o axardinamento e a colocación do mobiliario como papeleiras e bancos.  

O proxecto de reforma da estrada da Lanzada ascende a 2,3 millóns de euros. O seu financiamento leva a cabo cun acordo coa Consellería de Infraestruturas, que asume o 70 % do custo, mentres que o resto achégao o Concello de Sanxenxo.