O funeral polo falecemento do traumatólogo Javier Mareque Abad celébrase este martes en Santa María

Pontevedra
12 de decembro 2023

O coñecido doutor nacido no municipio de Campo Lameiro falecía aos 81 anos como consecuencia dunha indisposición. Exerceu a súa carreira profesional na área sanitaria de Pontevedra e tamén tiña a súa consulta na rúa Benito Corbal. Estaba casado con Marisol Bueno, primeira muller presidenta da D.O. Rías Baixas

Interior da basílica de Santa María a Maior
Interior da basílica de Santa María a Maior / Diego Torrado

Javier Mareque Abad, coñecido médico especialista en Traumatoloxía, falecía nas últimas horas como consecuencia dunha indisposición. 

Este profesional médico, nacido en Campo Lameiro, tiña 81 anos e durante a súa etapa profesional foi médico na área sanitaria de Pontevedra e tiña un consultorio privado na rúa Benito Corbal.

Na década dos setenta foi un dos pioneiros entre os reumatólogos formando parte da xestora que fundaba a Sociedade Galega de Reumatoloxía (SOGARE), no ano 1983.

Estaba casado coa empresaria vitivinícola Marisol Bueno, primeira presidenta da Denominación de Orixe Rías Baixas.

O funela polo seu eterno descansocelebrarase este martes 12 de decembro, ás 20.00 horas, na Real Basílica de Santa María a Maior en Pontevedra.