O fútbol regresa a Chan da Barcia tras a renovación do seu céspede

Ponte Caldelas
21 de xaneiro 2020

O campo de fútbol de Chan da Barcia, en Ponte Caldelas, xa ten novo céspede. Os rapaces da escola de fútbol poderán comezar a adestrar hoxe mesmo sobre o novo tapete de herba sintética de última xeración, segundo informa o Concello

Campo de fútbol de Chan da Barcia
Campo de fútbol de Chan da Barcia / Concello de Ponte Caldelas

O campo de fútbol de Chan da Barcia, en Ponte Caldelas, xa ten novo céspede. Os rapaces da escola de fútbol poderán comezar a adestrar hoxe mesmo sobre o novo tapete de herba sintética de última xeración, segundo informa o Concello.

A obra tivo un custo de 156.000 euros e ofrece un campo totalmente renovado, con materiais de primeira calidade e que terá unha garantía de dez anos.

O remate das obras do cambio de tapete foron xa comunicadas á Federación Galega de Fútbol para que realice as comprobacións oportunas.

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, lamentou que as obras se dilataran tanto no tempo e pediu desculpas ás familias que tiveron que desprazarse varios quilómetros estes meses para que os seus fillos adestrasen na Lama ou en Soutomaior.