O Ganapán volve esta fin de semana ao Mercado de Abastos para aprender a facer cocadas e paninis de queixo e mazá

Pontevedra
14 de xaneiro 2021

Os obradoiros están destinados a menores con idades comprendidas entre os 4 e os 10 anos. Desenvolveranse o sábado 16 e o domingo 17 de xaneiro en dúas sesións, ás 11:00 e ás 12:30 horas

O Ganapán celebra o Samaín
O Ganapán celebra o Samaín / PontevedraViva

Esta fin de semana renóvase a actividade do espazo infantil 'O Ganapán' coa posta en marcha de novos talleres formativos no Mercado de Abastos de Pontevedra. Estas actividades destínanse a público infantil de entre 4 e 10 anos de idade

A primeira xornada desenvolverase o sábado 16 e a segunda o domingo 17 con dúas sesións, ás 11.00 e ás 12.30 horas. Segundo explica Yoya Blanco, concelleira de Promoción Económica, o sábado está prevista a realización dun Espazo Gastro no que se prepararán e degustarán cocadas a través dunha receita nutritiva e moi saborosa. Tamén se poñerá en marcha un Espazo Crea para que os escolares poidan crear, a través da súa imaxinación, avións con pinzas e paus de xeado.

Durante o domingo está prevista a elaboración dunha receita de panini orixinal utilizando queixo e mazá. Tamén se realizará un taller creativo baixo o título ' Sementar,  sementarei' onde os participantes utilizarán caixas de ovos de cartón para convertelas en pequenos sementeiros.

As familias que queiran inscribir aos escolares para estas actividades deberán facelo a través do correo electrónico: [email protected]