O "gastroespazo" do Mercado inaugurarase o vindeiro xoves 22

Pontevedra
04 de agosto 2019

O vindeiro xoves 22 de agosto inaugúrase o espazo gastronómico do Mercado cunha xornada festiva conducida por un coñecido personaxe que se desvelará en breve e na que haberá música en directo a cargo dun grupo de  blues e un DJ

Primeiro andar da Praza de Abastos
Primeiro andar da Praza de Abastos / Mónica Patxot

O vindeiro xoves 22 de agosto inaugúrase o espazo gastronómico do Mercado cunha xornada festiva conducida por un coñecido personaxe que se desvelará en breve e na que haberá música en directo a cargo dun grupo de  blues e un  DJ.

O evento será anunciado cun anuncio publicitario para promocionar o novo proxecto iniciado na primeira planta da Praza de Abastos. O gasto desta xornada, vía contrato, saíu a licitación.

Este día da inauguración tamén contará con talleres para nenos en O Ganapán, en concreto farase un sobre cócteles sen alcol.

Actualmente estase colocando o mobiliario segundo informou a concelleira da área, a socialista Gloria Blanco, que sinalou que "as instalacións están practicamente a punto".

A decisión da data da inauguración tomárona os hostaleiros, que preferían esperar a que pasasen as festas para abrir o "gastroespazo".