A Delegación do Goberno en Galicia buscará formulas de colaboración para conmemorar o 50 aniversario da creación do centro pontevedrés da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED).
Rafael Cotelo, coordinador do Departamento de Extensión Universitaria e Actividades Culturais da UNED en Pontevedra. mantivo un encontro co delegado do Goberno en Galicia, José Miñones que foi convidado a visitar o centro asociado da cidade do Lérez e avanzar en temas educativos e divulgativos de interese para ambas as institucións.
José Miñones mostrouse moi interesado en coñecer o labor formativo e divulgativo que se impulsa desde o centro situado en Monte Porreiro e o Campus Noroeste da Universidade a Distancia.
Tamén destacou a significación que tivo para el a inauguración da aula magna do centro nun acto presidido pola ex vicepresidenta do Goberno Teresa Fernández de la Vega.