O Goberno confirma que a prórroga de Ence debe esperar ao regulamento da Lei de Costas

Pontevedra
20 de marzo 2014

O delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, confirmou hoxe en Pontevedra que a tramitación da solicitude da prórroga da concesión de Ence en Lourizán debe está pendente do desenvolvemento do regulamento da Lei de Costas que agora mesmo está en borrador borrador "parece lo más lógico"

Rolda de prensa na subdelegación do Goberno
Rolda de prensa na subdelegación do Goberno

O delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, confirmou hoxe en Pontevedra que a tramitación da solicitude da prórroga da concesión de Ence en Lourizán debe está pendente do desenvolvemento do regulamento da Lei de Costas que agora mesmo está en borrador borrador "parece lo más lógico".

Só cando estea en vigor este regulamento iniciarase a tramitación da solicitude da empresa pastera, explicou Samuel Juárez.

Samuel Juárez dixo descoñecer cando se resolverá esta normativa, "ahora está sometido a consultas" polo que dependerá do número de alegacións, da súa complexidade e do traballo técnico que quede por facer despois "no le puedo dar una fecha".

Iso si, o delegado do Goberno manifestou que o interese do Ministerio de que se aprobe "o antes posible" para poder atender a situación de Ence e "otras muchas situaciones más".

O delegado do Goberno en Galicia fixo estas declaracións durante o acto de presentación das actuacións para paliar os danos ocasionados polos 25 temporais de intensas chuvias celebrado na subdelegación do Goberno en Pontevedra.

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio (MAGRAMA) investirá máis de 400.000 euros nos ríos Tamuxe, Louro e Miño.