Rafa Domínguez, voceiro municipal do PP, pedía este luns a dimisión da concelleira Carme da Silva pola súa intervención no pleno ao tratar a xestión do conflicto co persoal da Policía Local polo caso dos semáforos. Ademais de alerta de que estuda a posibilidade de presentar unha denuncia no xulgado despois de que a concelleira nacionalista o relacionara coas pintadas ameazantes aparecidas no seu edificio.
Ante esta postura, Anabel Gulías, voceira do goberno local manifestaba que o grupo de goberno defende as actuacións da concelleira Carme da Silva e alerta de que se trata dun tema claro e que as posturas se atopan fixadas.
"Actuou como debería actuar calquera outro compañeiro de goberno", indicou Gulías para asegurar que o tema está pechado. Sinalaba que Rafa Domínguez segue a estela doutros membros do PP, facendo referencia a Jacobo Moreira e puxo en cuestión a súa maneira de actuar. "Amosa a incapacidade deste señor para facer política", apuntou.
Ademais sinalou que se Domínguez considera que debe levar ao xulgado as declaracións de Da Silva "é un problema del". Neste sentido remacou que durante o anterior mandato, o portavoz do PP xa pedira varias dimisións, entre elas a do alcalde. A portavoz do goberno local afirma que este é o "mouds operandi" do PP.