O goberno local prepara unha actuación urbanística na rúa Oliva

Pontevedra
29 de maio 2018

A Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra aprobou a licenza para a apertura do supermercado de Gadis nun baixo desta rúa que antes ocupara a tenda de roupa Los Telares. Anabel Gulías avanzou que o edificio que antes acollía á tenda de AutoRadio recibiu a autorización de Cultura para acometer a súa reforma

Anabel Gulías, concelleira de urbanismo
Anabel Gulías, concelleira de urbanismo / PontevedraViva

O Concello de Pontevedra ten en carteira unha actuación urbanística na rúa Oliva, segundo desvelou este martes a concelleira Anabel Gulías tras informar de dúas intervencións privadas "moi potentes" nesta rúa.

A Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra aprobou a licenza para a apertura do supermercado de Gadis nun baixo desta rúa que antes ocupara a tenda de roupa Los Telares.

Segundo informou a concelleira de urbanismo, Anabel Gulías, esta "apertura inminente" do supermercado é unha "moi boa noticia" que se suma á rehabilitación nesta mesma rúa doutro inmoble.

Anabel Gulías avanzou que o edificio que antes acollía á tenda de AutoRadio recibiu a autorización de Cultura para acometer a súa reforma. A estrutura deste inmoble está protexida polo que os promotores da reforma deberán ser especialmente respectuosos na intervención.

O visto e prace de Cultura "axiliza os trámites" para a concesión de licenza.