Tras once días de celebración, O Grove baixo o pano da súa Festa do Marisco, que celebrou os seus primeiros sesenta anos de vida cunha edición que xa é, por méritos propios, histórica. A de 2023 foi a que más visitantes atraeu, superando as 150.000 personas, un 8,5% más que en 2022.
"Pechamos a mellor edición da Festa do Marisco da historia en canto os datos nolo trasladan, pero tamén o ambiente, a satisfacción, a diversión e resposta de toda a xente que nos visitou estes días. Emocionaba ver O Grove así", destacou o alcalde, José Cacabelos.
Durante toda a festa vendéronse 186.028 tiquets para os diferentes produtos gastronómicos que se ofrecían aos comensais, o que supuxo unha recadación de máis de 1,11 millóns de euros.
O polbo á feira foi o produto con máis éxito. Del vendéronse 10.968 racións. Superou a outro dos pratos estrela da festa, o arroz de mariscos, do que se despacharon 10.603 racións. As navallas e as zamburiñas tamén superaron as oito mil vendas.
Entre as sobremesas triunfou a gran novidade deste ano, a torta de queixo elaborada cos lácteos das denominacións de orixe San Simón e Arzúa, con 1.859 racións. De filloas vendéronse 1.430.
Un total de dezanove concertos, obradoiros para pequenos e maiores, cultura galega, animación, a feira de oportunidades Grovestock, unha concentración de motocicletas clásicas, premios, faladoiros, exposicións e sobre todo, o mellor produto local, colmaron as expectativas do público.
Esta 60 edición rompeu os datos de calquera outra, e "creo que a repercusión económica é importante. Non podemos ter unha valoración de todo o investido, pero o efecto multiplicador que pode ter na nosa economía, é moi importante", engadiu o alcalde, José Antonio Cacabelos, quen recalcou que "se pode comparar esta quincena a calquera semana do mes de agosto".