O Grove estuda instalar cámaras nas praias para frear os episodios vandálicos

O Salnés
06 de xullo 2020

Dúas praias do Grove sufriron esta fin de semana a actuación dos vándalos. Trátase de Area da Cruz e Area Grande e os danos producíronse nos postos de socorro e nos aseos habilitados. Ademais de forzar os peches destes espazos, os delincuentes provocaron numerosas roturas de materiais e realizaron pintadas

Estragos nas casetas das praias do Grove
Estragos nas casetas das praias do Grove /

Dúas praias do Grove sufriron esta fin de semana a actuación dos vándalos. Trátase de Area da Cruz e Area Grande e os danos producíronse nos postos de socorro e nos aseos habilitados.

Ademais de forzar os peches destes espazos, os delincuentes provocaron numerosas roturas de materiais e realizaron pintadas exteriores que deixaron estes espazos, que xa estaban en uso para a temporada de verán, en lamentables condicións.

Desde o Concello advirten que este atentado contra o patrimonio público será adecuadamente castigado e para iso xa iniciou os traballos para determinar a autoría.

Ante a gravidade dos feitos, o goberno municipal estudará colocar sistemas de videovixilancia nas praias para tentar evitar deterioracións nuns espazos nos que o esforzo económico municipal é moi elevado para manter uns servizos de calidade.

Ao mesmo tempo, o Concello contactou coa Garda Civil para requirirlle o reforzo da vixilancia nocturna na zona, que é da titularidade deste corpo de seguridade.