O Grove inicia os trámites para contratar 21 persoas

O Salnés
18 de abril 2018

O Concello de O Grove vén de iniciar os trámites para a contratación de 21 persoas para incorporar ao seu cadro de traballadores municipais. Son contratos que se farán coa achega de 180.401 euros que aprobou a Deputación de Pontevedra dentro da liña 3 do Plan Concellos

Carmela Silva e José Cacabelos, diante do CIM do Grove Deputación de Pontevedra

O Concello de O Grove vén de iniciar os trámites para a contratación de 21 persoas para incorporar ao seu cadro de traballadores municipais.

Son contratos que se farán coa achega de 180.401 euros que aprobou a Deputación de Pontevedra dentro da liña 3 do Plan Concellos.

Todos eles, segundo o goberno municipal, realizarán obras e servizos de interese social.

As prazas que se convocan son a xornada completa e por períodos máximos de seis meses.

O Grove contratará dez peóns de obras públicas, tres condutores, dous peóns forestais, dous peóns de xardinería, dous auxiliares de turismo, un carpinteiro e un auxiliar administrativo.

Os diversos procesos de selección realizaranse a través da oficina de emprego de Cambados atendendo ás características de cada unha das prazas ofertadas.