O Grove pecha todas as praias tras a chegada de visitantes

O Salnés
14 de marzo 2020

O Concello emitiu un bando da Alcaldía polo que fai saber que toma esta decisión cumprindo o protocolo de medidas preventivas e "para evitar o aumento de poboación infectada en plena pandemia" polo COVID-19. A medida ten aplicación xa desde este sábado

Praia de Raeiros, O Grove
Praia de Raeiros, O Grove / PontevedraViva

O Concello do Grove uniuse este sábado á lista de municipios costeiros que busca frear o avance do coronavirus con medidas como pechar o acceso ás súas praias. Do mesmo xeito que Sanxenxo, Poio ou Marín, nesta vila pontevedresa tamén acordaron prohibir o acceso a todos os areais. 

Desta forma, toma medidas ante a chegada ao municipio nos últimos días de persoas chegadas desde outros puntos de Galicia e de España para utilizar as súas segundas residencias de veraneo durante o tempo que duren as medidas de contención do coronavirus.

O Concello emitiu un bando da Alcaldía polo que fai saber que toma esta decisión cumprindo o protocolo de medidas preventivas e "para evitar o aumento de poboación infectada en plena pandemia" polo COVID-19

Mediante este bando, a medida ten aplicación xa desde este sábado e supón pechar as praias e prohibir o acceso ás mesmas.