O Grove recibe unha axuda da Deputación para humanizar catro rúas

O Salnés
21 de outubro 2022

A Xunta de Goberno aprobou este venres o financiamento para redactar as actuacións de humanización das rúas Extremadura, Rioxa, Valencia e Entrehortas no concello meco

Casa consistorial do Concello do Grove
Casa consistorial do Concello do Grove / PontevedraViva

O Grove recibirá en breve unha nova achega da Deputación de Pontevedra para redactar dous proxectos de recuperación de espazo público grazas ás subvención Ágora deste 2022. 

A Xunta de Goberno deste venres na Deputación deu o visto bo ás axudas do concello meco pola axilidade amosada ao entregar toda a documentación, incluíndoo no primeiro grupo de beneficiarios, segundo explicou o deputado de Mobilidade Uxío Benítez.

Nunha seguinte fase aprobaranse os proxectos doutros 21 concellos que deberán presentar ou corrixir a información presentada.

No caso do municipio do Salnés, a axuda ascende a 44.104 euros e permitirá a redacción dos proxectos de humanización das rúas Extremadura, Rioxa e Valencia (valorado en 25.410 euros) e da rúa Entrehortas (valorado en 23.595 euros).