O prazo de 30 días dado polo concelleiro de urbanismo e tenente de alcalde, Antón Louro, resulta insuficiente para o Grupo Lar que solicitou máis tempo para acondicionar toda a urbanización de Tafisa.
A concesión desta prórroga dependerá do resultado dos informes técnicos dos servizos municipais de arquitectura e de disciplina urbanística.
A firma inmobiliaria iniciou os traballos na parcela anexa ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
Ademais terá que acometer o arranxo das zonas axardinadas de Tafisa e habilitar un paseo peonil que está supeditado a que o Concello derrube a antiga nave de carpintaría.
O concelleiro de Urbanismo mostrouse favorable a conceder esta prórroga. "Non temos inconveniente ningún, pero non é unha cuestión política senon técnica", explicó Antón Louro, que destacou que "o asunto de Tafisa está encamiñado".
O PP ESTÁ EN CONTRA
O PP xa anunciou que non apoia máis prórrogas para a urbanización dos antigos terreos de Tafisa. O concelleiro Ricardo Aguilar lamentou o "buenismo" e a "falta de dominio político" do goberno local neste asunto porque entende que a promotora contou co tempo suficiente para facer as obras.
Os populares consideran que se a promotora non cumpre os seus compromisos o Concello deberá aplicar a normativa que lle corresponda.