O Grupo Valenciaga, premio Xove Empresario do ano

O Salnés
11 de marzo 2022

O Pazo do Castriño de Vilagarcía de Arousa foi o lugar escollido para a  XXV Edición do Premio Xove Empresario do Ano, galardón que valora a orixinalidade, calidade e sustentabilidade das iniciativas empresariais creadas pola mocidade da provincia pontevedresa e que nesta edición foi para o Grupo Valenciaga

XXV Edición do Premio Xove Empresario do Ano
XXV Edición do Premio Xove Empresario do Ano / Xunta de Galicia

O Pazo O Castriño de Vilagarcía de Arousa foi o lugar escollido para a XXV Edición do Premio Xove Empresario do Ano, galardón que valora a orixinalidade, calidade e sustentabilidade das iniciativas empresariais creadas pola mocidade da provincia pontevedresa e que nesta edición foi para o Grupo Valenciaga.

Trátase dunha empresa adicada ao catering e os eventos cunha andaina que comeza no ano 2010 da man de Óscar Rivas.

O Premio á Iniciativa Emprendedora do ano 2022 foi para Paula Cheshire, ilustradora e deseñadora gráfica pontevedresa.

A Mención de Honra á Innovación foi para "Capptus Apps Turísticas" unha empresa de software que dixitaliza as operacións no sector turístico, e a Mención de Honra á Responsabilidade Social Empresarial para a cooperativa de traballo asociado "Fillas da Terra", adicada ao cultivo e venda de produtos de horta frescos e ecolóxicos ademáis de formación nas bases teóricas e pragmáticas da agroecoloxía.

O Premio Honorífico foi para Adegas Martín Codax pola súa traxectoria e como referente de modelo colaborativo para novas xeracións de emprendedores. Este premio foi entregado da man do vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, que agradeceu a AJE Pontevedra súa implicación no fomento do talento dos novos emprendedores e o asesoramento e colaboración que lles prestan para a posta en marcha de novas iniciativas empresariais na provincia pontevedresa.

Na gala, na que estivo acompañado pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Blanca García-Señoráns, do director do Igape, Fernando Guldrís, e do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López.

Rueda sinalou que os proxectos presentados son unha mostra do talento empresarial da xuventude galega que a través da innovación está a poñer en marcha novas empresas pese ao impacto da covid-19.