O instituto de Vilalonga acollerá un taller de autodefensa e outro de masculidades

Sanxenxo
08 de febreiro 2022

Serán o 15 e o 18 de febreiro a partir das 10:30 horas

Protagonistas do vídeo do IES de Vilalonga, gañador do premio do certame da Xunta sobre o 25N IES de Vilalonga

O IES de Vilalonga acollerá o próximo 15 de febreiro unha xornada de formación en autodefensa para estudantado de Formación Profesional. Terá lugar ás 10:30 horas e terá unha duración de 3 horas. 

Tres días máis tarde, o 18 de febreiro, enfocado ao módulo de Mecánica de Vilalonga, está previsto un curso de formación sobre masculinidades. 

Ademais, o Concello de Sanxenxo informa que a Policía Local recibirá formación para intervir en casos de violencia de xénero por parte da xuíza Paz Filgueira, titular do Xulgado de Violencia de Xénero en Lalín. Será o 21 de febreiro, ás 11 horas, nas dependencias municipais da Policía Local.

As actividades están financiadas con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdade, Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero.