O inverno pontevedrés protagonista da II edición do maratón fotográfico

Pontevedra
14 de marzo 2016

A segunda edición do maratón fotográfico de Pontevedra celebrábase o pasado sábado 12 de marzo coa participación de 50 fotógrafos 

Participantes da II edición do maratón fotográfico de Pontevedra
Participantes da II edición do maratón fotográfico de Pontevedra

A Zona Vella, a Alameda e San Roque foron os tres escenarios elixidos pola organización da segunda edición do maratón fotográfico de Pontevedra para captar a esencia da cidade, a través de tres categorías, Rebumbio, Reflexos e Pedra.

Preto de 50 fotógrafos profesionais e amateurs déronse cita este ano no maratón que levaba por título Imaxes de inverno. Toda a competición desenvolvíase nun espazo delimitado onde os fotógrafos deixaron voar a súa imaxinación para poder captar elementos que  respondesen as categorías seleccionadas.

Cada concursante elexía 3 fotografías que serán expostas ao público para partir do 15 de abril na Casa da Luz. Un xurado profesional e independente formado por expertos do campo da fotografía, o xornalismo e as artes será quen avalíe o material recollido.

O xurado outorgará catro dos cinco premios existentes, mellor fotografía xeral e mellor fotografía por cada unha das categorías individuais. Mentres que o quinto premio corresponderá ao público. O premio do público será o resultado da valoración dos visitantes da exposición, que seguirá aberta á cidadanía ata o 30 de abril, día da entrega dos premios aos participantes.

O principal obxectivo desta actividade é revalorizar a cidade baixo a mirada dos seus habitantes. Os premios consistirán en vales que se poderán cambiar en diversos establecementos de Pontevedra como o Hotel Rural Campaniola, A Tenda da Gata ou a Viñoteca Envero.