O luns comezan os traballos de construción do novo local social do Burgo en Pasarón

Pontevedra
07 de setembro 2018

As obras foron adxudicadas a Gómez Crespo por preto de 530.000 euros e o prazo de execución sitúase en oito meses. O centro social do Burgo contará con máis de mil metros cadrados no recinto do estadio municipal

Avenida de Compostela e estadio de Pasarón
Avenida de Compostela e estadio de Pasarón / Juan Mejuto

O vindeiro luns 10 comezarán os traballos de acondicionamento do local social do Burgo, que se atopará situado no primeiro andar do estadio municipal de Pasarón. 

Este proxecto vai iniciarse coa colocación da cornixa que lle falta ao inmoble na esquina que ocupará o local social. A continuación, a proposta contempla a división das entradas ao campo coas da sede veciñal. Estas primeiras obras durarán ata finais de outubro.

Representantes da empresa adxudicataria dos traballos, Gómez Crespo y Servicios, mantiñan un encontro con técnicos municipais para concretar o desenvolvemento destas obras. Neste sentido, garántese a seguridade no campo de fútbol, que non se verá afectado pola reformaDesta forma, está previsto o uso de todas as butacas durante os partidos do Pontevedra Club de Fútbol e tan só se verá afectado o acceso a un baño e a un bar.

As obras foron adxudicadas por preto de 530.000 euros e o prazo de execución sitúase en oito meses.

O centro social do Burgo contará con máis de mil metros cadrados no recinto do estadio. No soto instalaranse os almacéns, mentres que na primeira planta establecerase un vestíbulo e unha zona de estancia, ademais da aula social e o salón multiusos. Entre outros materiais instalarase unha cociña-aula para cursos e obradoiros.

O centro será independente do estadio, para o que contará cunha entrada propia.