A Xunta Coordinadora da Semana Santa comunicou a súa decisión de suspender a procesión do Santo Enterro prevista para este Venres Santo.
Do mesmo xeito que sucedeu pola mañá coa procesión do Encontro con Viacrucis penitencial o mal tempo impediu celebrar estes actos relixiosos no exterior durante esta xornada, a máis importante da Semana Santa.
A decisión foi acordada entre as confrarías da cidade ante as fortes precipitacións rexistradas durante todo o día.
Estaba previsto que se procesionasen os pasos con imaxes de: A nosa Señora do Amor Fermoso, O Calvario. Cristo Crucificado, A Virxe da Maior Dor, A nosa Señora das Angustias, Cristo Xacente, A Virxe da Misericordia, A Santa Cruz.