O mantemento dos colexios municipais será adxudicado a unha empresa privada

Pontevedra
21 de xaneiro 2016

Esta contratación sería por 200.000 euros anuais e tería por obxecto asumir as obras e reparacións de mantemento que se realizan nos centros escolares de Infantil e Primaria do concello durante o curso escolar

Obras no colexio Álvarez Limeses
Obras no colexio Álvarez Limeses

O mantemento dos centros escolares municipais será asumido moi pronto por unha empresa privada.

Así o decidiu o Concello de Pontevedra que, a través da concellaría de Educación, ordenou aos técnicos municipais que redacten os pregos para este contrato.

Esta contratación sería por 200.000 euros anuais e tería por obxecto asumir as obras e reparacións de mantemento que se realizan nos centros escolares de Infantil e Primaria do concello durante o curso escolar.

Non entraría neste contrato a realización de obra nova, xa que existe unha lexislación estatal que impide aos concellos realizar obra nova nos colexios e han de limitarse ao mantemento. 

Desde o goberno municipal entenden que é prioritario facer este contrato para regularizar e sistematizar todos os labores habituais que se fan nestes centros públicos.