O mercado inmobiliario de Pontevedra, á alza con 428 novas vivendas en dous anos que van "completando a cidade"

Pontevedra
25 de novembro 2022

Xaquín Moreda considera que o sector inmobiliario "non está estrangulado".  No ano 2021 deuse licencia para 144 vivendas e no que vai de ano 2022 chegaron ao servizo de Urbanismo solicitudes de licencia para proxectos que suman un total de 284. En total, entre os dous anos son 428 solicitudes, das que 254 xa se aprobaron e 174 están en tramitación

Un traballador da construcción
Un traballador da construcción / Mónica Patxot

Entre os anos 2021 e 2022, en Pontevedra solicitáronse licencias de obra para un total de 428 novas vivendas, un número que, a xuízo do concelleiro de Urbanismo, Xaquín Moreda, demostra que o sector inmobiliario "non está estrangulado". 

Moreda deu conta este xoves da situación do urbanismo pontevedrés e concluíu que estes novos proxectos están "completando a cidade", construíndo en solares que ata agora estaban baleiros

O Concello tamén destaca a importancia do sector da construción para a economía da cidade e que nos dous últimos años "vai para adiante". 

Entre estes novos proxectos, destaca o dunha residencia da terceira idade na zona de Tafisa para a que se acaba de solicitar licencia. Tería capacidade para 298 prazas, 150 en habitacións dobres ou individuais e 48 en apartamentos tutelados.

En canto ás vivendas, no ano 2021 deuse licencia para 144 vivendas e no que vai de ano 2022 chegaron ao servizo de Urbanismo solicitudes de licencia para proxectos que suman un total de 284 . En total, entre os dous anos son 428 solicitudes, das que 254 xa se aprobaron e 174 están en tramitación.

 En 2021 solicitáronse licencias para 14 vivendas na avenida de Lugo, 36 en Valdecorvos, 48 entre as rúas Lagares e Rafael Dieste, 9 en Loureiro Crespo, 11 Profesor Filgueira Valverde, 18 na avenida Josefina Arruti Viaño, 6 na rúa Real, 22 en Ramón Peña, 16 de protección oficial en Prado Novo (Valdecorvos) e un proxecto máis en Río das Leitugas. 

En 2022 solicitáronse 110 entre12 de Novembro e Eduardo Pondal (foi unha modificación de licencia dun proxecto previo); 7 na rúa do Rouco; 44 entre Martín Códax, avenida da Coruña e A Santiña; 3 en Marqués de Riestra; 8 na rúa da Barca; 23 en Rúa dos Canos; 4 en Virxe do Camiño; 3 en Curros Enríquez; 14 en Mariscal Pardo de Cela; 26 noutro proxecto en Rouco; 40 na rúa Ludeiro de A Parda; 14 na avenida de Lugo e 110 entre 12 de Novembro e Eduardo Pondal.