O mércores 12 córtase o tráfico na rúa Alameda

Pontevedra
10 de novembro 2014

Por mor das obras de colocación de lombos nos pasos de peóns en rúa Alameda, o próximo mércores, 12 de novembro a citada rúa pecharase ao tráfico

Obras na rúa Alameda
Obras na rúa Alameda

O próximo mércores 12 de novembro pecharase ao tráfico a rúa Alameda entre a rotonda Paseo Colón/Raiña Vitoria e rúa Echegarai. As obras terán unha duración dun día (martes e tarde do mércores).

As obras comezarán a partir das 09:15 horas, unha vez efectuada a entrada nos colexios, co fin de causar os mínimos problemas aos usuarios.

Segundo informa a Policía Local, invertirase o sentido do tráfico na rúa Xeneral Martitegui para dar servizo á rúa Echegarai (previamente a citada rúa se sinalizará con 'prohibido estacionar' co fin de que se inverta o sentido de estacionamento).

Recomendase a saída da cidade cara a Poio a través da Ponte das Correntes ⿿ Domingo Fontán.

A entrada, para residentes e servizos da rúa Echegarai, farase a través de Jofre de Tenorio - Xeneral Martitegui ⿿ Alameda e rúa Echegarai