O Museo acolle un acto de homenaxe á Declaración Universal dos Dereitos Humanos

Pontevedra
13 de decembro 2018

Unha trintena de personaxes da sociedade civil pontevedresa leron cada un dos 30 artigos da Declaración Universal dos Dereitos Humanos para conmemorar o seu 70 aniversario, nun acto organizado por Amnistía Internacional Pontevedra e o Ateneo

Homenaxe de Aministía Internacional Pontevedra á Declaración Universal dos Dereitos Humanos
Homenaxe de Aministía Internacional Pontevedra á Declaración Universal dos Dereitos Humanos / Mónica Patxot

O Grupo de Acción de Amnistía Internacional Pontevedra e o Ateneo de Pontevedra organizaron este mércores un acto no Sexto Edificio do Museo para conmemorar o 70 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, proclamada pola asemblea das  Nacionaes Unidas en  Parín o 10 de decembro de 1948.

No acto participaron unha trintena de personalidades da sociedade civil pontevedresa, lendo un a un os 30 artigos que compoñen o texto aprobado pola ONU.

Tratábase con esta homenaxe de visibilizar a importancia do respecto e de conservar os dereitos dos seres humanos.

O acto contou coa colaboración da organización de discapacidade sensorial de Galicia (Xoga), para facelo accesible aos usuarios de lingua de signos.

Ademais Amnistía Internacional aproveitou a ocasión para recoller firmas para a campaña #PersonasXPersonas impulsada pola asociación a nivel estatal.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora