O Museo Torres de Marín inicia a montaxe da súa exposición sobre os Maios

Marín
28 de abril 2021

A mostra está formada por vinte maios de pequeno tamaño e un natural que poderán visitarse na galería marinense entre o 1 e o 8 de maio  

O Museo Torres de Marín inicia a montaxe da exposición sobre os maios
O Museo Torres de Marín inicia a montaxe da exposición sobre os maios / Concello de Marín

A artista Cristina Barreiro e a concelleira Itziar Álvarez comezaron este mércores a montar a exposición sobre os maios que se poderá visitar no Museo Torres de Marín a partir deste sábado, 1 de maio, ata o día 8. Durante oito días, os visitantes desta galería poderán deleitarse coa arte, traballo, imaxinación e tradición de Barreiro, cuxa mostra inclúe máis dunha veintena de maios en pequeno tamaño deseñados por ela mesma.

O obxectivo desta iniciativa pasa por manter viva esta festa popular tan arraigada no municipio marinense. Polas restricciones da pandemia, este ano non poderá realizarse tampouco o multitudinario acto de presentación de estruturas na Alameda, por iso desde o Concello optaron por esta exposición de pequeno formato.

Ademais dos vinte maios da artista, expoñerase tamén un natural. Os visitantes poderán levarse a copla do Maio da Bruxa, con letra do cronista local Xullo Santos. Ademais, estarán visibles tamén outras coplas dos anos 50, entre elas unha copla sen rematar creada polo propio Manuel Torres, un gran defensor desta tradición.

O Concello colabora con esta festa dos maios que organiza o Ateneo asumindo o gasto dos premios concedidos ás creacións dos colexios, que deste xeito poderán poderán expoñer os seus réplicas e barcos malia a cancelación da celebración.