O novo campo de fútbol de Gatomorto empeza a tomar forma

Pontevedra
03 de outubro 2018

Aínda que a empresa construtora conta aínda con 4 meses por diante de prazo para concluír os traballos, estes avanzan a bo ritmo. O orzamento ascende a 859.953,23 euros

Obras de construción do novo campo de fútbol de Santa María de Xeve, en Gatomorto
Obras de construción do novo campo de fútbol de Santa María de Xeve, en Gatomorto / PontevedraViva

As obras de construción dun novo campo de fútbol en Santa María de Xeve, no lugar de Gatomorto, avanzan a bo ritmo, segundo comprobaron membros do goberno local co alcalde á cabeza nunha visita aos traballos realizada este mércores 3 de outubro.

A empresa adxudicataria das obras, Covsa, conta aínda con catro meses de prazo para finalizalas, pero xa se empeza a debuxar a nova infraestrutura coa edificación dos vestiarios, almacéns e cantina, así como o terreno de xogo raseado.

Este proxecto supón un investimento de 859.953,23 euros.

O terreo de xogo de Gatomorto será de 105x63 metros, o que permitirá habilitar un campo de fútbol 11 ao longo e dous de fútbol 7 ao ancho. Esta previsto ademais que conte con catro vestiarios para xogadores e dous para árbitros, enfermería, botiquín e almacén.

Trátase do terceiro campo municipal de herba sintética que se atopa actualmente en execución, xunto aos de Ponte Sampaio e Campañó, mentres que o previsto en Salcedo está en fase de elaboración do proxecto.