O novo centro de saúde de Meis ocupará case 1.000 metros cadrados

O Salnés
27 de abril 2022

A carón da avenida Médico Paz García, no entorno da denominada Casa de Parga. Aí se sitúa, en pleno núcleo do Mosteiro, a parcela na que se construirá o novo centro de saúde de Meis. Terá una edificabilidade de 972 metros cadrados

Julio García Comesaña e Marta Giráldez asinan o protocolo para o novo centro de saúde de Meis
Julio García Comesaña e Marta Giráldez asinan o protocolo para o novo centro de saúde de Meis / Xunta de Galicia

A carón da avenida Médico Paz García, no entorno da denominada Casa de Parga. Aí se sitúa, en pleno núcleo do Mosteiro, a parcela na que se construirá o novo centro de saúde de Meis. Terá una edificabilidade de 972 metros cadrados.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a alcaldesa de Meis, Marta Giráldez, asinaron este mércores o protocolo de colaboración entre ambas administracións para a execución das obras de construción deste novo equipamento sanitario.

O protocolo asinado expresa que a Xunta construirá o centro en canto a parcela sexa posta a disposición do Servizo Galego de Saúde.

Así, o Concello debe agora adquirir os terreos e realizar os trámites urbanísticos pertinentes que permitan a cesión da parcela libre de cargas e gravames e coa cualificación urbanística axeitada para acometer a obra prevista.

A ampla edificabilidade permitirá dar cabida ao plan funcional aprobado polas autoridades sanitarias para o novo centro de saúde de Meis.

Terá seis consultas de adultos, unha sala polivalente, unha sala de toma de mostras, unha área pediátrica con dúas consultas e unha área da muller con unha consulta de matrona e unha sala de educación sanitaria.

Este plan permitirá a Meis contar con espazos non existentes na infraestrutura actual como a sala polivalente ou as áreas pediátrica e da muller.