O novo coche oficial do alcalde será unha berlina de tecnoloxía híbrida e enchufable

Pontevedra
12 de xullo 2021

O Concello xa busca novo coche oficial para o alcalde. O goberno municipal activou o concurso público para que os concesionarios oferten os seus vehículos. Será cunha serie de requisitos obrigatorios e cun prezo máximo, 74.415 euros (IVE engadido)

Anabel Gulías, portavoz do goberno local de Pontevedra
Anabel Gulías, portavoz do goberno local de Pontevedra / Cristina Saiz

O Concello xa busca novo coche oficial para o alcalde. O goberno municipal activou o concurso público para que os concesionarios oferten os seus vehículos. Será cunha serie de requisitos obrigatorios e cun prezo máximo, 74.415 euros (IVE engadido).

Así, os pregos do concurso obrigan aos concesionarios que se queiran presentar a ofrecer unha berlina de cor azul escura, con tecnoloxía híbrida e enfuchable a cargadores eléctricos e cunha potencia media, fixada entre os 120 e os 150 cabalos.

O adxudicatario deste contrato terá un prazo de catro meses para entregar o coche.

Desde o executivo municipal notaron "certo interese" neste proceso de contratación, polo que preguntaron xa multitude de compañías. O menor prezo e a mellor oferta técnica serán as dúas variables que máis pesarán sobre a decisión final.

Anabel Gulías lembrou que o actual coche oficial foi "herdado" do anterior alcalde, o popular Juan Luís Pedrosa. Desde o Concello "resistímonos a cambialo", asegurou, ata que debido ás súas continuas avarías o custo de reparación era inasumible.

O vehículo asignado á Alcaldía era un un Audi A6 TDI comprado no ano 1997 por 6,5 millóns de pesetas. Nos seus 24 anos de vida útil, acumulou preto de 300.000 quilómetros.