O número dous do PSOE local critica a "nefasta" xestión do líder local de UGT, ao que aspira a relevar

Pontevedra
06 de setembro 2013

O número dous do PSOE de Pontevedra, Jesús Gómez, presentou este venres publicamente a candidatura coa que concorre á secretaría intercomarcal do sindicato UGT. Jesús Gómez rivalizará co actual secretario pontevedrés, Ramón Vidal cuxa xestión cualificou como "nefasta" e "presidencialista"

Declaraciones de Lourdes Diz, Jesús Gómez y Fernán Couto /

O número dous do PSOE de Pontevedra, Jesús Gómez, presentou este venres publicamente a candidatura coa que concorre á secretaría intercomarcal do sindicato UGT. Jesús Gómez rivalizará co actual secretario pontevedrés, Ramón Vidal cuxa xestión cualificou como "nefasta" e "presidencialista".

"Queremos darlle un impulso á UGT de Pontevedra e Vilagarcía porque a xestión que se está a realizar non é nada boa", dixo Jesús Gómez que advertiu que "se seguimos con este desleixo nos próximos anos se van perder o 30% dos delegados".

Xunto ao candidato á Secretaría Xeral de la Unión Intercomarcal, Jesús Gómez Arias, compareceu o resto da candidatura que compoñerán a Comisión Executiva Intercomarcal, e tamén asistiron Lourdes Diz Lorenzo, Secretaria Xeral da Federación de Metal Construcción e Afíns e Fernán Couto Araujo, Secretario Xeral da Federación provincial de Servizos Públicos.

A cita está fixada para o próximo 12 de setembro no Pazo da Cultura e servirá para fusionar nunha soa as agrupacións comarcais de Pontevedra e Arousa. Serán un total de sesenta delegados de UGT as que elixan entre estes dous candidatos.

Segundo trasladaron dende a candidatura de Jesús Gómez as diferentes federacións acoden ao congreso divididas existindo un empate nos apoios tal e como se comprobou nos últimos días durante o proceso de elección de delegados nas dez federacións comarcais.

A elección do novo secretario intercomarcal ten unha clara lectura territorial coa disputa polo poder territorial do sindicato e tamén do PSOE. Se sae elixido Jesús Gómez, terá que renunciar á secretaria de Organización (número dous) do PSdeG-PSOE local, xa que así o esixen os Estatutos do sindicato.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora