O paro sobe en 2.494 persoas na provincia en novembro e é un 9,6% superior a hai un ano

Pontevedra
02 de decembro 2020

Segundo os datos dos Ministerios de Traballo e de Inclusión e Seguridade Social, o número de parados incrementouse en Pontevedra en relación a outubro un 3,61 por cento máis. O total de desempregados na provincia sitúase en 71.559, un total de 6.285  máis que hai un ano

Traballadores da construción
Traballadores da construción / Mónica Patxot

O paro aumentou na provincia de Pontevedra, como no resto de España, no mes de novembro. En concreto, hai 2.494 demandantes de emprego máis con respecto a outubro. 

Segundo os datos facilitados polos Ministerios de Traballo e de Inclusión e Seguridade Social, o número de parados incrementouse en Pontevedra en relación a outubro un 3,61 por cento

O total de desempregados na provincia sitúase en 71.559, un total de 6.285  máis que hai un ano. Fronte a novembro de 2019, o desemprego subiu un 9,63 por cento. 

O total de Galicia sumou 6.165 parados máis en novembro respecto ao mes anterior, un 3,40% de incremento, mentres que a nivel estatal a subida foi do 0,66% de repunte nacional. 

Tras este incremento, en Galicia hai 187.472  desempregados, 21.813 máis que hai un ano, un crecemento do 13,17%.