O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre márcase obxectivo: 20.000 visitas

Pontevedra
06 de febreiro 2020

O Parque Arqueolóxico dá Arte Rupestre (PAAR) de Campo Lameiro, tras o seu bo crecemento en 2019, proponse o obxectivo dos 20.000 usuarios en 2021. Según informan desde o parque, a nova programación cargada de eventos novos e especiais pretende manter a boa dinámica que o parque ten actualmente.

Laxe dos Carballos Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre

O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR), no concello de Campo Lameiro, obtivo bos rexistros no crecemento de número de visitas durante o último ano. No 2019 o parque foi visitado por 15.962 usuarios, o que representa un aumento dun 16,90% respecto ó ano anterior.

No público xeral pasouse dos 4.067 usuarios do 2018 aos 6.349 de 2019, o que representa un incremento do 27%. O maior crecemento móstrase nas actividades e programacións especiais como Noitepedras e Invernía, cun aumento do 64,15%, chegando aos 926 visitantes.
O parque conta cunha gran afluencia por parte de colexios, coa visita de máis de 100 centros, que levaron 6.018 usuarios.

A nova programación, segundo informan desde o parque, está cargada de eventos novos e especiais como Prehistoric, ou a xornada de "Cazadores de Petróglifos", será un pilar para conseguir o obxectivo dos 20.000 visitantes para o ano 2021. Desde o PAAR afirman que con este tipo de propostas seguiran axudando a divulgar a relevancia da arte rupestre en Galicia.