O Partido Popular de Pontevedra confirma a María Ramallo como candidata á alcaldía de Marín

Marín
21 de febreiro 2023

Luis López, presidente provincial do PP, sinala que "non hai unha mellor candidata para Marín que María Ramallo" e destacou o coñecemento, xestión, implicación, carisma e empatía veciñal da actual alcaldesa, que aspira a revalidar o seu mandato

María Ramallo, alcaldesa de Marín
María Ramallo, alcaldesa de Marín / Mónica Patxot

O Partido Popular de Pontevedra analizou nas últimas horas a proposta do comité electoral de Marín para que María Ramallo sexa a candidata do PP nas próximas eleccións municipais. O órgano provincial referendou esta opción e Ramallo aspirará a revalidar a alcaldía no municipio.

Luís López, presidente provincial do PP, sinala que "non hai unha mellor candidata para Marín que María Ramallo, e temos a sorte de que encabeza a proposta do Partido Popular".

Encomiou o coñecemento, xestión, implicación, carisma e empatía veciñal da actual alcaldesa engadindo que é unha "política de altura, con clara vocación municipalista e que aposta ao cento por cento por Marín". 

María Ramallo agradeceu o apoio do comité electoral do PP local e dos órganos provinciais do partido.

Asegura que acepta este reto "ilusionada" e destacou o "gran traballo" que se fixo en momentos moi complicados durante estes últimos anos. A candidata explica que o seu equipo combina persoas con moita experiencia con novas incorporacións "que nos permiten ampliar máis nosa visión e o noso campo de actuación".

Por último, Ramallo expón unha campaña "limpa, sen confrontacións, en positivo, construtiva, poñendo en valor o noso traballo e explicando proxectos de futuro", apuntou sinalando que Marín enfróntase a grandes retos nos próximos anos.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora